Leña Verde de Pol (Edisco, 1998)

Gravación que reflicte o traballo dos primeiros anos de existencia do grupo, composta por 7 temas tradicionais e 3 de autor. Os arranxos buscan o conxunto instrumental de ampla paleta cromática, combinando a masa sonora coa definición puntual dos timbres.

Lares (Edisco, 2003)

Álbum con 10 cortes (5 tradicionais e 5 de autor), no cal Leña Verde se achega a unha sonoridade folk de corte tradicional que dá continuidade á do disco anterior, mais coa procura dun maior grao de organicidade no desenvolvemento dos temas.

A contratempo (Duradisc, 2010)

6 temas tradicionais e 6 de autor que amosan un folk con arranxos que van dende a cercanía ás fontes ata as lindes da tradición clásica, do pop, do rock, da música antiga ou da sonoridade das bandas, sempre presente nos traballos do grupo da man do lembrado mestre Rodríguez.

20 anos a contratempo (Duradisc, 2014)

Escolma que realiza un percorrido polo repertorio discográfico de Leña Verde, incluíndo a reedición completa do terceiro traballo A contratempo e seis temas pertencentes aos dous anteriores Lares (2003) e Leña Verde de Pol (1998). Pola súa banda, o libro de 48 páxinas incorpora material gráfico novo, tanto de carácter histórico coma recente, acompañado dos textos referidos aos temas do CD e doutros referentes ao motivo de celebración.

Please reload